A valedora do pobo mantén unha xuntanza sobre a discriminación racial e étnica con representantes da Fundación Secretariado Gitano e de Red Acoge

O pasado xoves, a valedora do pobo mantivo unha reunión sobre a discriminación racial e étnica con Javier León e Eva Vera, da Fundación Secretariado Gitano; e Eduardo Búa e Saray Durán, de Red Acoge. Presentáronlle algúns dos casos máis significativos que tiveron que tratar nos últimos anos, que atinxen a vivenda e o traballo; pero tamén o empadroamento, a sanidade, a seguridade cidadá etc. Ademais, trataron posibles estratexias de coordinación para abordar aqueles feitos dos que teñan coñecemento e que estean relacionados co sector público.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest