A valedora do pobo participou o pasado mércores na gala dos premios solidarios do Grupo Social ONCE, que tivo lugar na Coruña. Estes galardóns entréganse en todas as comunidades autónomas e pretenden promover a inclusión social, a normalización, a autonomía persoal, a accesibilidade universal e a vida independente das persoas con discapacidade. Para iso, recoñecen aquelas persoas, empresas, ONG, Administracións públicas e programas ou traballos de comunicación que destacan no seu compromiso con estes valores.
A valedora entregou o premio na categoría de empresa. Este ano, o Grupo Social ONCE agradeceu a solidariedade de Stellantis e dos seus traballadores, que, ao longo de 28 anos, realizaron máis de 75 000 doazóns de sangue. O xurado destacou que esta acción permitiu realizar 37 147 intervencións cirúrxicas e a transfusión de plaquetas a, aproximadamente, 14 860 persoas enfermas de cancro ou leucemia.
A gala íntegra pode visualizarse aquí: