Participación da Valedora do Pobo nas XXXVII Xornadas de Coordinación de Defensores

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, asistiu os pasados días 22, 29 e 30 ás XXXVII Jornadas de Coordinación de Defensores del Pueblo que tiveron lugar en Vitoria-Gasteiz. Este ano o tema das xornadas virou sobre o labor das defensorías na promoción do dereito á boa Administración. Expertos de diferentes ámbitos e persoal das distintas […]
Quinta edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

A Institución da Valedora do Pobo, convoca, de novo, en colaboración coas tres Universidades galegas os premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Os traballos deberán ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante […]
COMUNICADO DOS DEFENSORES E DEFENSORAS DO POBO
Os defensores e defensoras do pobo, reunidos en Vitoria-Gasteiz nas XXVII Xornadas de Coordinación de Defensorías do Pobo, manifestaron esta mañá a súa profunda dor polos devastadores efectos da DANA que golpeou diversas zonas de España, e foron especialmente tráxicos na provincia de Valencia. Os representantes das Defensorías, consternados, tamén expresaron toda a súa solidariedade […]
Reunión da Valedora do Pobo coa Comisaria Xefa da Policía Nacional en Santiago de Compostela.

Esta mañá a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, mantivo un encontro con Nuria Palacios, Comisaria Xefa da Policía Nacional en Santiago de Compostela, quen recentemente se incorporou a este cargo. No trascurso da reunión tratáronse temas relacionados coa igualdade, violencia, xénero, delitos por internet (como o sexting), seguridade cidadá e tamén falaron das posibles […]
Presentación por EAPN Galicia na sede da Institución da Valedora do Pobo do Informe sobre o Estado da Pobreza en Galicia 2024

Esta mañá tivo lugar na sede da institución a presentación do Informe sobre o Estado da Pobreza en Galicia elaborado por EAPN (Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social) Galicia. Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, encargouse da introdución do acto, que se centrou na presentación do informe, que correu a cargo de […]
Presentación no Parlamento de Galicia do Informe anual 2023.

Onte presentouse pola Valedora do Pobo diante do Pleno do Parlamento de Galicia o Informe Anual da Institución correspondente ao ano 2023. Na súa exposición, Dolores Fernández Galiño fixo un breve repaso das queixas recibidas máis salientables, así como dos datos estatísticos reflectidos no informe. Tras a exposición da Valedora interviñeron Armando Ojeda Bouzo en […]
A Valedora do Pobo acode á homenaxe a Xan María Castro.

O pasado 14 de setembro a Valedora do Pobo acudiu, xunto a outros representantes institucionais, ao acto organizado polo sindicato Comisións Obreiras e a Fundación 10 de marzo en homenaxe a Xan Maria Castro que foi cofundador do sindicato, Secretario Xeral e tamén Presidente da súa Fundación. Xan María Castro faleceu en novembro do ano […]
A Valedora do Pobo reúnese coa Presidenta de FADEMUR Galicia.

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, e María Castro, responsable da área de igualdade, mantiveron onte na institución unha reunión con Verónica Marcos Arrojo, presidenta de FADEMUR Galicia. Na devandita reunión tratáronse temas como a situación da muller no rural, violencia de xénero, a participación activa ou o rol da muller coidadora.
Informe Anual 2023. Comparecencia da Valedora do Pobo na Comisión de Peticións.

A Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, compareceu hoxe ante a Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia para dar conta do Informe Anual 2023. Interviñeron como representantes dos grupos parlamentarios Armando Ojeda Bouzo polo Grupo Mixto, Paloma Castro Rey polo PSOE, Óscar Insua Lema polo BNG e Paula Prado del Río polo PP.
A Valedora do Pobo visita a Asociación de Dano Cerebral ALENTO

O pasado día 16 a Valedora do Pobo visitou en Vigo as instalacións da Asociación de Dano Cerebral -ALENTO, e así coñecer “in situ” o seu funcionamento. Ademais dos usuarios do centro, acompañárona Jesús Vilches, membro da Xunta Directiva de Alento e representante na Federación Española de Dano Cerebral; Gonzalo Mira, Director Xerente e socio […]