Participación da Valedora do Pobo nas XXXVII Xornadas de Coordinación de Defensores

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, asistiu os pasados días 22, 29 e 30  ás XXXVII Jornadas de Coordinación de Defensores del Pueblo que tiveron lugar en Vitoria-Gasteiz.

Este ano o tema das xornadas virou sobre o labor das defensorías na promoción do dereito á boa Administración.

Expertos de diferentes ámbitos e persoal das distintas defensorías ofreceron relatorios e participaron en varias mesas redondas. Na mesa redonda na que se debateu sobre a dimensión ética da boa administración como eixo dos sistemas de integridade interveu Gianluca Esposito, director xeral de Dereitos Humanos e Estado de Dereito do Consello de Europa e representantes da Valedora Do Pobo e do Procurador do Común de Castela e León.

Así mesmo participaron representantes dos consellos de adolescentes de Andalucía, Canarias, Cataluña e do Ararteko, para reflexionar sobre como as persoas mozas se relacionan coa administración.

Os defensores e defensoras elaboraron unha declaración programática que expón que a boa administración esixe situar á cidadanía no centro das actuacións das administracións públicas e destaca que as e os servidores públicos deben actuar con empatía e sensibilidade social.

 

DECLARACIÓN PROGRAMÁTICA

 

 

 

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest