Reunión da Valedora do Pobo con “Dano Cerebral Galicia”.

Hoxe a Institución da Valedora do Pobo recibiu a varios membros da asociación “Dano Cerebral Galicia”. Dolores Fernandez Galiño, Valedora do Pobo, mantivo unha reunión con integrantes da Rede  de Cidadanía Activa de Persoas con Dano Cerebral Adquirido  que expresaron as súas demandas e reivindicacións. Na reunión estivo acompañada polo asesor técnico de Inclusión e a asesora técnica de Sanidade da institución.

Esta actividade forma parte do ciclo de conmemoracións que a federación realiza  enmarcadas no  Día do Dano Cerebral (26 de outubro) e no Día do Ictus (29 de outubro).

241104 Reivindicacións Rede de Cidadanía Activa de Persoas con Dano Cerebral (2)

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest