Reunión coa Fundación Secretariado Xitano

A Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, acompañada pola asesora técnica de Igualdade, María Castro, recibiu onte na institución a Javier León Jiménez, Técnico de Intervención en Igualdade de Trato e non Discriminación da Fundación Secretariado Xitano en Compostela.

Na reunión, que virou ao redor da discriminación que en xeral sofre a etnia xitana, tratáronse temas como a discriminación no acceso a bens e servizos, o exceso de vixilancia en centros comerciais e supermercados principalmente ás mulleres de etnia xitana (discriminación intersectorial, por ser mulleres e de etnia xitana), ou as dificultades no acceso á vivenda de aluguer.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest