A Valedora do Pobo visita a Asociación de Dano Cerebral ALENTO

O pasado día 16 a Valedora do Pobo visitou en Vigo as instalacións da Asociación de Dano Cerebral -ALENTO, e así coñecer “in situ” o seu funcionamento.

Ademais dos usuarios do centro, acompañárona  Jesús Vilches, membro da Xunta Directiva de Alento e representante na Federación Española de Dano Cerebral; Gonzalo Mira, Director Xerente e socio fundador de Alento; Luciano Fernandez, Presidente da Federación Dano Cerebral Galicia e Leticia Vila, Directora da Federación Dano Cerebral Galicia. Trasladaron á Valedora as súas inquedanzas.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest