Nesta sección recóllense as resolucións das solicitudes de acceso á información pública recibidas polo Valedor do Pobo a partires do ano 2017, previa disociación dos datos de carácter personal. Na nosa aposta pola transparencia publicamos todas as resolucións, independentemente de que sexan estimatorias ou desestimatorias.
1. DAIPV 001/18 Solicitude de información sobre as queixas que afectaron nos últimos 8 anos ao Concello de Pazos de Borbén
2. DAIPV 002/18. Solicitude de información sobre resolución da praza de xefe de servizo II do Valedor do Pobo de libre designación.
3. DAIPV 003/18. Solicitude de información sobre consorcios provinciais contra incendios e operativos de salvamento.
4. DAIPV 004/18. Solicitude de información sobre unha recomendación dirixida polo Valedor do Pobo á Consellería de Facenda.
6. DAIPV 006/18. Solicitude de información sobre o persoal técnico da institución con titulación en Dereito e sobre a súa colexiación profesional.
7. DAIPV 007/18. Solicitude de información sobre todas as entidades no colaboradoras coa institución do Valedor do Pobo.
1. DAIPVP01/17 na que se solicita acceso á información sobre as axendas institucionais do Valedor do Pobo desde a toma de posesión da actual Valedora do Pobo. ACCESO
2. DAIPTV02/2017 na que se solicita acceso á información sobre leis que afectan ao funcionamento da institución do Valedor do Pobo. ACCESO
3. DAIPTV03/2017 na que se solicita acceso a copia dixital dos resultados do proxecto “Mocidade on line” publicados polo Valedor do Pobo en 2014. ACCESO
4. DAIPTV 04/2017 na que se solicita información sobre un convenio anunciado por unha empresa sobre a web e a política de protección de datos do Valedor do Pobo. ACCESO
De acordo coa normativa vixente, todas as persoas teñen dereito a acceder á información de carácter público da institución do Valedor do Pobo.
A información do Valedor do Pobo, que é pública e está suxeita ao dereito de acceso, é a constituída polos contidos ou documentos, en calquera formato ou soporte, que obren no seu poder e fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións en relación coas súas actividades suxeitas a Dereito Administrativo. Enténdese por actividades suxeitas a Dereito Administrativo os actos e disposicións en materia de persoal, administración e xestión patrimonial.
De acordo coa normativa vixente, todas as persoas teñen dereito a acceder á información de carácter público da institución do Valedor do Pobo.
A información do Valedor do Pobo, que é pública e está suxeita ao dereito de acceso, é a constituída polos contidos ou documentos, en calquera formato ou soporte, que obren no seu poder e fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións en relación coas súas actividades suxeitas a Dereito Administrativo. Enténdese por actividades suxeitas a Dereito Administrativo os actos e disposicións en materia de persoal, administración e xestión patrimonial.
Podes presentar a correspondente solicitude dirixida ao noso rexistro (rexistro@valedordopobo.gal), presencialmente, por correo ordinario, ou ben a través do correo electrónico:
transparencia@valedordopobo.gal
Para que poidamos tramitar a túa solicitude, debe constar:
Cumprimente o formulario que encontrará nesta páxina cos seus datos persoais e toda a información solicitada.
Envíe un correo electrónico a:
valedor@valedordopobo.gal
rexistro@valedordopobo.gal
transparencia@valedordopobo.gal
O correo debe incluír os seguintes datos:
No seu caso, a modalidad que se prefira para acceder á información solicitada.
* Os datos rexistrados nos nosos ficheiros informatizados, a partir dos facilitados por vostede, son confidenciais e só poderán ser utilizados para a investigación da súa petición e para o envío de información en relación coa mesma.
De acuerdo coa Instrucción del Valedor do Pobo de 24 de Marzo de 1997 (DOG 18-04-1997), conforme ao previsto na Ley Orgánica 15/1999, del 13 de diciembre, de Protección de datos de carácter persoal, vostede ten dereito a solicitar que lle sexan consultados, actualizados ou cancelados todos os datos facilitados.
No caso de non dispoñer de dirección de correo electrónico, pode enviar unha carta a:
Valedor do Pobo
Rúa do Hórreo 65
15700 Santiago de Compostela
A carta debe incluír os seguintes datos:
No seu caso, a modalidade de envío (postal ou electrónico) que se prefira para acceder á información solicitada.
* Os datos rexistrados nos nosos ficheiros informatizados, a partires dos facilitados por vostede son confidenciais e só poderán ser utilizados para a investigación da súa petición e para o envío de información en relación coa mesma.
De acordo coa Instrucción do Valedor do Pobo de 24 de Marzo de 1997 (DOG 18-04-1997), conforme ao previsto na Ley Orgánica 15/1999, del 13 de diciembre, de Protección de datos de carácter persoal, vostede ten dereito a solicitar que lle sexan consultados, actualizados ou cancelados todos os datos facilitados.
Pode dirixirse á sede do Valedor do Pobo, onde será amablemente atendido.
Rúa do Hórreo, núm. 65
Santiago de Compostela
Horario de 9.00 h. a 14.00 h y de 16.30 a 19 horas
Que se entende por información pública?
Enténdese por información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. Así mesmo, considerarase información pública a producida polas entidades que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, nos termos previstos no artigo 4 da Lei de transparencia e bo goberno.
Dereito de acceso
O dereito de acceso á información pública exércese conforme ao procedemento establecido na normativa actual, Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Que garantías teño no acceso á información pública?
A actual normativa garante á cidadanía:
O uso da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou outras leis.
A recepción da información pública en formato electrónico ou en papel, segundo indicase a persoa solicitante.
A recepción da información pública na lingua oficial de Galicia na que a solicite.
O coñecemento das taxas e prezos que, no seu caso, sexan esixibles para a obtención de copias ou para a transposición da información a formatos diferentes do orixinal.
A realización de propostas e suxestións tanto ao redor da información demandada e aos formatos, programas ou linguaxes informáticos empregados.
Está sometida a publicidade
Gran parte da información pública accesible atópase publicada na web institucional. Por esta razón, recomendamos que visites a mesma para comprobar que a información solicitada non se atopa dispoñible alí.
Se dita información xa foi publicada na web, a resolución á solicitude de acceso poderá limitarse neste caso a indicar ao solicitante como acceder a ela,
Ten límites o dereito de acceso á información pública?
Efectivamente ten límites e aparecen sinalados no artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Así, o dereito de acceso poderá ser limitado cando acceder á información supoña un prexuízo para:
A seguridade nacional.
A defensa.
As relacións exteriores.
A seguridade pública.
A prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios.
A igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva.
As funcións administrativas de vixilancia, inspección e control.
Os intereses económicos e comerciais.
A política económica e monetaria.
O segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial.
A garantía da confidencialidade ou o segredo requirido en procesos de toma de decisión.
A protección do medio ambiente.
A aplicación dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso.
Solicitude de acceso
O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse, neste caso, ao Valedor do Pobo, titular da información.
Na solicitude, que poderá presentarse por calquera medio, debe constar:
Identidade do solicitante verificable a través do DNI ou número de pasaporte (achegar copia do documento).
Información solicitada.
Dirección de contacto, preferiblemente electrónica para facilitar a comunicación.
No seu caso, a modalidade de envío (postal ou electrónico) que se prefira para acceder á información solicitada.
Teño que motivar a miña petición?
O solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Con todo, a ausencia de motivación non será por se mesma causa de rexeitamento da solicitude.
Causas de inadmisión
Se inadmitirán a trámite, mediante resolución motivada, as solicitudes:
Que se refiran a información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral.
Referidas a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas.
Relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración.
Dirixidas a este órgano, en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o órgano competente.
Que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade da normativa de transparencia.
Prazos de resposta
O prazo xeral de resposta en contestación á solicitude de información é dun mes desde a súa recepción. Este prazo é ampliable a un mes máis cando o volume ou a complexidade da información solicitada o faga necesario.
E se non estou de acordo coa resolución do Valedor do Pobo…
Contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso ditada polo Valedor do Pobo e segundo o previsto na normativa, só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE: Aviso legal, privacidade e protección de datos