Informes do Comisionado da Transparencia

Informes sobre proxectos de lei ou de

regulamentos en materia de transparencia

Como Comisionado de Transparencia, a institución do Valedor do Pobo ten a misión de investigar posibles incumprimentos nos que poidan incorrer os poderes públicos no desenvolvemento das súas obrigas de publicidade activa de información pública, ben a iniciativa propia ou por denuncia da cidadanía. Unha das súas funcións específicas consiste en emitir informes previos sobre proxectos de lei ou de regulamentos en materia de transparencia e bo goberno (oída a Comisión da Transparencia). Os informes elaborados neste marco aparecen reflectidos nesta páxina.

Consultas formuladas por suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da

Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia

Como Comisionado da Transparencia, a institución do Valedor do Pobo ten tamén a función de responder ás consultas que, con carácter facultativo, lle formulen as entidades obrigadas a cumprir coa normativa galega de transparencia. Nesta sección publicamos as respostas ás consultas que nos teñen formulado os suxeitos obrigados a cumprir coa transparencia nos sucesivos exercicios.

-Consulta 001/2017. Consulta 001/2017 remitida por un particular sobre o acceso a determinados expedientes sancionadores.

-Consulta 002/2017 realizada pola Universidade de Vigo sobre as súas obrigas de publicidade activa relativas ás persoas liberadas sindicais e custes asociados.

-Consulta 003/2017  realizada pola Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural sobre a tramitación das solicitudes de acceso á información ou copia de documentos en expedientes abertos ou finalizados.

Consulta 001/2016 en relación á información sobre contratos que deben incluír os espazos web das administracións locais de Galicia.