Posts tagged " Pendente "

Suxestión (Q/167/20) dirixida ao Concello de Silleda para que o protocolo de actuación posto en marcha como consecuencia das incidencias na telefonía fixa e conexión a internet, producidas polo temporal con aparato eléctrico que tivo lugar na noite do 18 ao 19 de decembro de 2019, se manteña ou sirva de precedente en futuras e similares incidencias que se puideran producir.

Abril 22nd, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Corporacións locais e servizos municipais No Comment yet

Suxestión (Q/167/20) dirixida ao Concello de Silleda para que o protocolo de actuación posto en marcha como consecuencia das incidencias na telefonía fixa e conexión a internet, producidas polo temporal con aparato eléctrico que tivo lugar na noite do 18 ao 19 de decembro de 2019, se manteña ou sirva de precedente en futuras e similares incidencias que se puideran producir.

Recomendación (Q/2720/19) dirixida á Universidade de Vigo para que, cando se así se solicite por parte dos interesados, os servizos competentes da Universidade de Vigo adopten todas as medidas oportunas para proceder a expedir títulos orixinais en soporte físico en substitución dos títulos expedidos sen cumprir as prescricións técnicas mínimas reguladas no Real Decreto 1002/2010, que se refire no artigo 16 aos requisitos do soporte documental o físico, de acordo coas prescripcións técnicas e de seguridade determinadas no Anexo XI.

Abril 8th, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Educación No Comment yet

Recomendación (Q/2720/19) dirixida á Universidade de Vigo para que, cando se así se solicite por parte dos interesados, os servizos competentes da Universidade de Vigo adopten todas as medidas oportunas para proceder a expedir títulos orixinais en soporte físico en substitución dos títulos expedidos sen cumprir as prescricións técnicas mínimas reguladas no Real Decreto 1002/2010, que se refire no artigo 16 aos requisitos do soporte documental o físico, de acordo coas prescripcións técnicas e de seguridade determinadas no Anexo XI.
En particular, que se lle expida á persoa que promoveu este expediente de queixa un título orixinal, co número do Rexistro Nacional de Titulados Universitarios Oficiais que corresponda ao seu título oficial de Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos da Universidade de Vigo conxuntamente coa de A Coruña, que cumpra os requisitos do soporte documental o físico, de acordo coas prescripcións técnicas e de seguridade determinadas no Anexo XI do Real Decreto 1002/2010.

(Q/16965/18) Suxestión dirixida ao Concello de Vigo para que execute as obras para a instalación do pasamáns nas escaleiras do Monte do Castro

Abril 6th, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Corporacións locais e servizos municipais No Comment yet

(Q/16965/18) Suxestión dirixida ao Concello de Vigo para que execute as obras para a instalación do pasamáns nas escaleiras do Monte do Castro

Recomendación (Q/4487/19) dirixida á Consellería de Política Social debido a demora dunha praza nun centro de atención específica para persoas con dependencia

Marzo 30th, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Servizos sociais No Comment yet

Recomendación (Q/4487/19) dirixida á Consellería de Política Social debido a demora dunha praza nun centro de atención específica para persoas con dependencia

Recomendación (Q/4337/19) ao Concello do Carballiño para que dea cumprimento á normativa de protección fronte aos ruídos e resolva todas as denuncias da Policía Local dos anos 2018 e 2019 referidas a un local de ocio

Marzo 13th, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Medio ambiente No Comment yet

Recomendación (Q/4337/19) ao Concello do Carballiño para que dea cumprimento á normativa de protección fronte aos ruídos e resolva todas as denuncias da Policía Local dos anos 2018 e 2019 referidas a un local de ocio

Recomendación (Q/4538/19) ao Concello de Ourense para que impulse o expediente incoado ao titular do local por exercer actividade non contemplada na licenza municipal resolvéndoo en prazo e que realice as actuacións precisas para dar cumprimento á normativa de protección fronte aos ruídos

Marzo 12th, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Medio ambiente No Comment yet

Recomendación (Q/4538/19) ao Concello de Ourense para que impulse o expediente incoado ao titular do local por exercer actividade non contemplada na licenza municipal resolvéndoo en prazo e que realice as actuacións precisas para dar cumprimento á normativa de protección fronte aos ruídos.

Recomendación (Q/4346/19) á Universidade da Coruña para expida con toda urxencia o SET de Máster solicitado, dado que o Suplemento Europeo ao Título é un dereito do alumnado ao abeiro do disposto no Real Decreto 22/2015, de 23 de enero. O seu artigo 3 especifica que unha vez superados os estudos conducentes aos títulos oficiais de Grao ou Máster e solicitado polo interesado o título, as universidades expedirán xunto ao mesmo o Suplemento Europeo ao Título (SET). Que desde o servizo que corresponda, se poñan en contacto co interesado para darle unha data inmediata na que o seu SET estea disponible, sen custo, tal como establece a norma.

Marzo 12th, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Educación No Comment yet

Recomendación (Q/4346/19) á Universidade da Coruña para expida con toda urxencia o SET de Máster solicitado, dado que o Suplemento Europeo ao Título é un dereito do alumnado ao abeiro do disposto no Real Decreto 22/2015, de 23 de enero. O seu artigo 3 especifica que unha vez superados os estudos conducentes aos títulos oficiais de Grao ou Máster e solicitado polo interesado o título, as universidades expedirán xunto ao mesmo o Suplemento Europeo ao Título (SET).
Que desde o servizo que corresponda, se poñan en contacto co interesado para darle unha data inmediata na que o seu SET estea disponible, sen custo, tal como establece a norma.

Recodatorio (Q/23241/14) de deberes legais dirixido ao Concello da Pobra do Caramiñal para que na tramitación dos expedientes actúe dacordo cos principios de eficacia, economía e celeridade establecidos no artigo 103 da Constitución estando obrigado a ditar resolución expresa nos prazos legalmente previstos.

Marzo 12th, 2020 Posted by ... Todas as áreas, Urbanismo No Comment yet

Recordatorio (Q/14811/17) de deberes legais e recomendación dirixida ao Concello de Padrón na que se lle recorda que na tramitación dos expedientes deberá actuar dacordo cos principios de eficacia, economía e celeridade establecidos no artigo 103 da Constitución estando obrigado a ditar resolución expresa nos prazos legalmente previstos e se lle recomenda que con urxencia remita ao Valedor do Pobo

Recomendación (Q/2852/19) dirixida ao Concello de Moaña para que proceda á incoación do expediente de caducidade de licenzas de obras no sector B da Unidade de Actuación S.A.U. A-7 Residencial Golf Domaio, no Concello de Moaña e que se resolva nos prazos legalmente previstos.

GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal