O Valedor do Pobo garda un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do incendio de Pedrógão Grande en Portugal

19 Xuño, 2017 Institución, Novas

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga,  xunto co persoal da institución,  sumouse hoxe ás 12.00 horas ao minuto de silencio convocado polo Parlamento de Galicia en memoria das vítimas mortais e feridos do tráxico incendio rexistrado en Portugal nas últimas horas. Milagros Otero acompañou ao presidente do Parlamento de Galicia, aos voceiros dos grupos políticos e persoal ao servizo da Cámara galega neste acto de condolencia que se celebrou na escalinata principal de acceso ao Pazo do Hórreo, en Santiago. O minuto  de silencio soamente foi interrompido polos aplausos dos asistentes ao seu remate.

Con este acto a valedoría expresa a súa fonda dor polas vítimas mortais (máis de sesenta), ás súas familias, e ás persoas feridas e envía todo o seu apoio e solidariedade ao Goberno de Portugal ante a grave traxedia ocorrida.

A valedora xa transmitiu as súas condolencias ao seu homólogo portugués, o Provedor de Justiça, poñendo ao seu dispor canta axuda se lle poida facilitar desde a valedoría.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal