A nova pÔxina web mellora a accesibilidade desde dispositivos móbiles desde os que se poden presentar queixas, solicitar visitas Ô sede do Valedor e recibir información institucional. O portal mellora o acceso a todos os contidos, incorpora novas seccións multimedia e reúne as principais recomendacións emitidas polo defensor.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015. O Valedor do Pobo acaba de estrear pĆ”xina web nos dominios www.valedordopobo.gal e www.valedordopobo.gal. O novo deseƱo, baseado nas Ćŗltimas tendencias grĆ”ficas do momento, cĆ©ntrase nos servizos que a defensorĆa ofrece aos cidadĆ”ns. Ā AsĆ, os mecanismos directos de comunicación entre o valedor e a cidadanĆa e o material multimedia incremĆ©ntase. Unha das novidades consiste en que o novo deseƱo Ć© adaptable ou adaptativo (responsive en inglĆ©s), Ć© dicir que modifica a sĆŗa aparenciaĀ para resultar atractivo e lexible desde todos os dispositivos móbiles. Os cidadĆ”ns poden xa presentar as sĆŗas queixas desde os mesmos con so cumprimentar un sinxelo formulario. Ademais poden pedir información institucional, achegar documentación relacionada coas queixas e mesmo solicitar visitas Ć” sede do valedor.
Como novidade, a web do valedor ofrece información acerca das principais recomendacións e suxestións emanadas da sĆŗa actividade. Ademais incorpora datos estatĆsticos en tempo real, que permiten Ć”s persoas coƱecer o alcance da sĆŗa actividade, o nĆŗmero de persoas atendidas nestes trinta anos de traxectoria, os asuntos tramitados, e mesmo as recomendacións realizadas ata o dĆa de hoxe.
Outra das seccións de interese Ć© a de publicacións. Na mesma pódense atopar de xeito moi sinxelo todos os informes ordinarios e extraordinarios elaborados pola institución, asĆ como monografĆas e outros documentos descargables de interese. Outro aspecto a apuntar garda relación coas noticias elaboradas polo gabinete de comunicación que agora aparecen organizadas por categorĆas, algo que facilita enormemente as buscas por parte dos usuarios. As redes sociais ocupan tamĆ©n un lugar prioritario na cabeceira da pĆ”xina e no desenvolvemento de noticia, desde onde se poden compartir con outras persoas cun simple clic.
Esta primeira fase de renovación da pÔxina web do Valedor do Pobo completarase nas próximas semana coa incorporación de novas funcionalidades. A institución atópase inmersa en pleno proceso de mellora da súa administración electrónica. Asà hai xa meses que funciona a sinatura electrónica de documentos e atópase moi avanzado o traballo para que as comunicacións coa administración autonómica se realicen unicamente por medios dixitais, eliminando todo o papel. Neste contexto, a segunda fase da pÔxina web permitirÔ aos usuarios acceder ao estado de tramitación dos seus expedientes, entre outras novas funcionalidades.
The comments are closed.