O Valedor do Pobo acolle as xornadas anuais da Asociación Española de Letrados Parlamentarios

24 Setembro, 2015 Institución, Novas

A sede do Valedor do Pobo acolle hoxe e mañá a reunión anual da AELPA, Asociación Española de Letrados Parlamentarios, que nesta ocasión ten por tema as relacións entre os parlamentos e as defensorías do pobo.

A alta comisionada do Parlamento Galego, Milagros Otero, foi a encargada de abrir a xuntanza, que este ano cumpre a súa XXII edición. Acompañada da presidenta da AELPA, Encarna Fernández de Simón, a valedora fixo un chamamento aos letrados a defender, pola súa necesidade, a figura dos defensores en cada unha das comunidades autónomas.

As xornadas serán clausuradas mañá pola Defensora del Pueblo, Soledad Becerril. Previamente, os valedores de Galicia, País Vasco, Navarra e Andalucía disertarán sobre os retos que deberán afrontar estas institucións nun futuro.

Programa das xornadas

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal