O 17 de maio celebramos as Letras Galegas.

15 Maio, 2020 actualidade, Novas, Novas

A inxente obra do escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero centra as celebracións do Día das Letras Galegas deste ano 2020. Esta conmemoración naceu para lembrar a data da  edición da obra coa que comeza o Rexurdimento da nosa cultura, Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e desde a Institución da Valedora do Pobo, sumámonos as homenaxes e celebracións que este ano nos achegan á  figura e á obra de Ricardo Carballo Calero.

 

Desde a institución temos moi presentes os dereitos lingüísticos da cidadanía. O dereito a empregar a nosa lingua está recoñecido e declarado no Estatuto de Autonomía  e así o determinan cada día as galegas e os galegos que o utilizan na vida cotiá en calquera dos ámbitos sociais.

 

No Día das Letras Galegas, longa vida á nosa lingua.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal