O valedor do pobo, José Julio Fernández, e a presidenta de Unicef Galicia, Miriam Garabito, presidiron o acto no que tamén estiveron presentes representantes da Fundación Meniños e Cermi Galicia que apoian o documento.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014. O valedor do pobo, José Julio Fernández e a presidenta de Unicef Galicia, Myriam Garabito, presidiron hoxe o acto no que este alto comisionado parlamentario firmou a súa adhesión ao Pacto de Estado pola Infancia que promove a organización; fortalecendo, deste xeito, o seu compromiso para a defensa dos dereitos dos menores.
O acto coincidiu co comezo da “semana da infancia” que culminará o próximo 20 de novembro coa conmemoración do Día Universal da Infancia da ONU, e o venres coa celebración, no Parlamento de Galicia, da xornada formativa A incidencia nos menores da violencia no contorno familiar que organiza o Valedor do Pobo en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.
The comments are closed.