Cumprindo os nosos compromisos de transparencia e de publicidade activa, a continuación atopará toda a información sobre a programación da axenda institucional da valedora do pobo, Milagros Otero Parga, para o presente mes de febreiro
Luns, 8 de febreiro 16
17.00 horas. A valedora, Milagros Otero, recibe a visita de representantes da Asociación Arelas (Asociación de Familias de Menores Transexuais) citadas por esta institución co obxecto de actualizar a información recollida no informe extraordinario sobre as persoas LGBTI en Galicia elaborado polo Valedor do Pobo en xullo do 2015.
Luns, 15 de febreiro 16
12.00 horas. Os membros da Mesa do Parlamento, co seu novo presidente á cabeza, Miguel Santalices, visitan as dependencias do Valedor do Pobo, alto comisionado da Cámara.
13.30 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, reúnese de urxencia coa asociación Ultreia LGTBI, convocada por esta institución, con motivo da intolerable agresión homófoba rexistrada en Santiago nos últimos días.
Martes, 16 de febreiro 16
12.30 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, desprázase a Madrid, xunto co seu adxunto, Pablo Cameselle, para participar nun encontro de coordinación convocado polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno na súa sede.
Mércores, 17 de febreiro 16
12.00 horas. A valedora do pobo, Milagros Otero, visita Ferrol, onde protagoniza unha recepción por parte das autoridades municipais.
17.00 horas. Actividade de apertura á cidadanía de Ferrol no Centro Cultural Torrente Ballester onde a valedora poderá falar abertamente con veciños e representantes do tecido asociativo da cidade e respostar ás súas dúbidas e queixas.
Venres, 19 de febreiro 16
13.00 horas. Visita da presidenta de Unicef Galicia, Myriam Garabito á valedora do pobo, Milagros Otero, para presentarlle proxectos e propostas de traballo.
18.00 horas. A valedora do pobo toma parte nos actos de celebración de San Raimundo Peñafort organizados polo Colexio de Avogados de Santiago na Catedral e no Hostal dos Reis Católicos.
Mércores, 24 de febreiro 16
9.30 horas. Hotel Finisterre da Coruña. Milagros Otero asiste como convidada a un dos almorzos informativos convocado cos medios de comunicación locais pola Asociación da Prensa da Coruña.
MESES ANTERIORES
The comments are closed.