A Valedora do Pobo recibiu unha queixa da Asociación Galega de Fibromialxía polas valoracións de discapacidade das persoas con fibromialxia.

19 Xullo, 2021 actualidade, Novas, Novas

Concluíuse os retrasos das valoracións continúan, pero é de de esperar que os tempos de resposta melloren coas medidas máis recentes, en concreto coa execución do plan especial de reforzo de persoal técnico no procedemento de valoración da discapacidade 2020-2021, que permitiu a contratación de persoal nos equipos de valoración de discapacidades. Con iso a consellería prevé “unha redución considerable nos tempos de espera para as valoracións”.

 

O informe da consellería sinalou que o prexuízo no ámbito laboral ao que se refire a queixa non debería darse porque prevese a priorización dos supostos de “acceso ao emprego e ás ensinanzas reguladas onde exista reserva de prazas para persoas con discapacidade”. Porén, a súa aplicación soe limitarse aos casos de convocatorias públicas con quendas de reserva. No ámbito privado, a maioritario, as ofertas non soen ser condicionadas á previa acreditación da discapacidade, que é o suposto no que se aplica a priorización. E a presentación á oferta co certificado de discapacidade resulta relevante, o que supón que os retrasos que tratamos sexan un inconveniente que non soluciona a previsión de preferencia.

Ademais, a acreditación da discapacidade pode resultar necesaria para o traballo que xa se está a desenvolver, por exemplo, para a reclamación das adaptacións precisas.

 

En ocasións a motivación das valoracións non resulta suficiente ou adecuada debido as particularidades da enfermidade, unha posible causa de recoñecemento da discapacidade que afecta especialmente ás mulleres. Por iso, as valoracións deberan ser o suficientemente precisas como para abordar adecuadamente todas as consecuencias na vida cotiá das mulleres que a sofren.

Trátase dunha enfermidade “de xénero”, pois, do mesmo xeito que outras doenzas, o 90% das persoas afectadas son mulleres. E as actuacións infundadas e contrarias o recoñecemento de calquera consecuencia da enfermidade, como pode ser a discapacidade, pode ser unha discriminación indirecta por razón de xénero, de acordo co previsto no art.6.2 da Lei Orgánica 3/2007.

 

Polo exposto formulamos á Consellería de Política Social unha recomendación:

-Que con carácter xeral se habiliten as medidas anunciadas e as demais que se consideren precisas para corrixir os retrasos nas valoracións de discapacidade, que prexudican ás persoas afectadas ao retrasar o acceso aos eventuais beneficios.

-Que se especifiquen os tempos de espera actuais, da mesma forma que se fixo con motivo das anteriores actuacións de oficio.

-Que se aínda non se ten normalizado o cumprimento dos prazos, se valoren medidas para que as discapacidades por fibromialxia se consideren prioritarias, co fin de que non se prexudique a inclusión laboral das mulleres afectadas.

-E que a valoración se faga de forma dilixente e tendo en conta as especificidades da enfermidade e os seus posibles efectos nas actividades da vida diaria, de tal forma que se desboten valoracións con motivacións insuficientes que prexudiquen as mulleres afectadas. 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal