A Valedora pide ao Defensor del Pueblo a aplicación da protección a cidadanía española no exterior no caso do asasinato en Filipinas de Diego Bello.
Santiago de Compostela. 9 de octubre. 2020.
A resultas da xuntanza celebrada pola Valedora do Pobo cos pais e outros membros da familia de Diego Bello, que tivo lugar o 8 de outubro na institución, a Valedora comprometeuse a colaborar en todas as accións resultantes das súas funciós.
A Valedoría atende ao informe da Comisión de DDHH de Filipinas no sentido de que a morte e Diego Bello foi unha violación de dereitos humanos da que resultou a morte dunha persoa. Neste sentido, abriu unha actuación ante o Defensor del Pueblo para que se aplique a protección dos cidadáns residentes no exterior prevista pola lexislación española recollida na Lei 40/2006 do Estatuto da Cidadanía Española no exterior. Literalmente, o informe da Comisión de Dereitos Humanos da República de Filipinas considera “a morte de Diego non está sancionada por ningunha lei e poderíase considerar unha execución sumaria”. Igualmente confirma que “a carga de demostrar que efectivamente se tratou de lexítima defensa, recae na policía e o mesmo debe probarse nun procedemento independente”, e, ademáis, afirma que “o reclamo de autodefensa baséase nunha base inestable”. Con este motivo, a Valedora iniciou unha actuación perante o Defensor del Pueblo para comunicarlle a necesidade da aplicación da Lei 40/2006 do Estatuto da Cidadanía española no exterior no que atinxe ao que denuncia o informe da Comisión de Dereitos Humanos da República de Filipinas, que sinala que no caso existiu unha violación dos dereitos humanos dun cidadán español, residente naquel país.
The comments are closed.