A Valedora do Pobo inicia actuación de oficio pola situación das persoas con hortas para autoconsumo.

04 Maio, 2020 actualidade, Novas, Novas

Con data 21 de abril, por esta Institución iniciouse investigación de oficio relativos a situación de hortas de autoconsumo, polo que nos diriximos a consellería de Medio Rural solicitando información sinalando que Por diferentes medios coñecemos a preocupación de persoas no medio rural que posúen hortas de autoconsumo que non desenvolven unha actividade profesional agraria. De acordo coa normativa vixente na actual situación de estado de alarma, as persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, isto é, con fins non comerciais e polo tanto, non profesionais de actividades agrarias, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención daqueles cultivos e viñedos, sempre que o desprazamento non supoña una distancia superior os 500 metros da vivenda habitual.

Nesta Institución somos especialmente sensibles ás especiais circunstancias diferenciais da nosa Comunidade Autónoma en materia do medio rural no relativo tanto á dispersión da súa poboación como ao minifundismo e a ubicación dos diferentes terreos propiedade dun único titular e que frecuentemente non están tan próximos á vivenda habitual.

Entendemos que sería conveniente que na normativa que regula o estado de alarma e as limitacións de mobilidade se contemplara esta realidade do rural galego. Trátase do cultivo persoal de bens agrícolas funxibles para o autoconsumo moi arraigado en Galicia.

A Consellería, que acolleu con moito interese a nosa petición, nos remitiu a información comunicando que que na xuntanza do Cecop do pasado sábado, 25 de abril de 2020, acordouse flexibilizar os desprazamentos ás hortas de autoconsumo.Así, en relación coa mobilidade dos traballadores ás hortas de autoconsumo, o Cecop determinou que as persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados como tales, é dicir, con fins non comerciais, e polo tanto non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención das súas leiras sempre dentro do termo municipal da súa residencia habitual. No caso de que a horta estea nun concello diferente ao da súa vivenda habitual, permítese o desprazamento sen superar nunca os 5 quilómetros de distancia desde a casa. En ambos casos, deberán aportar unha declaración responsable. Desta forma, elimínase a anterior limitación, que era de 500 metros. Así, a consellería do Medio Rural aprobará unha modificación da orde para regular este aspecto.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal