A institución garda un minuto de silencio na memoria da última vítima galega da violencia machista

22 Xullo, 2019 Institución, Muller, Novas

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019. Unha representación da institución, encabezada pola valedora do pobo, Milagros Otero Parga, participou esta mañá na concentración silenciosa convocada polo Parlamento de Galicia na condea da violencia machista en memoria da vítima asasinada en Vilalba nas últimas horas.

O minuto de silencio celebrouse na entrada principal do Parlamento de Galicia ás 10.00 horas. Nel tomaron parte o presidente da Cámara e a valedora do pobo, así como voceiros e representantes dos grupos parlamentarios galegos e persoal que traballa ao servizo de ambas as dúas institucións.

Un aplauso pechado puxo fin ao acto de condea na memoria de María del Carmen Vázquez, muller de 47 anos presuntamente asasinada na súa casa a mans do seu ex marido, que se quitou a vida tras o acontecido.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal