A institución do Valedor une a súa voz á das oenegués no Día Internacional contra a Pobreza

15 Outubro, 2015 Dereitos, Exclusión social, Institución, Novas

No marco do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, a Valedora do Pobo presidiu este 16 de outubro (11:30 horas) na sede da institución un acto no que os máximos responsables da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, presentaron os principais retos na loita contra a pobreza e a exclusión social no último ano, así como algúns dos indicadores sobre a materia dados a coñecer no recente informe O estado da pobreza 2015.

Baixo o lema As persoas primeiro: non abondan as palabras. Queremos compromisos!,  Yosehanna Ledesma, Luis Giménez e Ruth Casas, leron o manifesto realizado pola rede EAPN coas conclusións dos Encontros de Cidadanía Inclusiva e Participación de persoas en situación de pobreza celebrados en Santiago de Compostela, Barcelona e Garda.

Durante a súa intervención, Milagros Otero abrazou o contido do descurso e uniu a voz da institución do Valedor do Pobo á das organizacións que traballan con colectivos en risco de exclusión social, para pedir “compromiso, coordinación e loita”. “Non estades sos”, indicou ás entidades.

No acto estiveron presentes o conselleiro de Política Social, representantes dos grupos parlamentarios e os responsables de EAPN Galicia, CERMI Galicia e da Coordinadora Galega de ONGD.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal