Segundo expón AGAELA, a asociación galega de afectados pola esclerose lateral amiotrófica, a ELA é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular, que orixínase cando algunhas células do sistema nervioso, as motoneuronas, diminúen o seu funcionamento e morren, provocando a parálise muscular progresiva. É a enfermidade máis grave das motoneuronas.
Afecta especialmente a persoas de idades comprendidas entre os 40 e 70 años, máis frecuentemente en varóns. Cada ano se diagnostican uns dous casos por cada 100.000 habitantes.
Para tratar as cuestións que as persoas doentes e as súas familias teñen que afrontar en diferentes aspectos (atención sanitaria, dependencia, accesibilidade…) e a súa atención coordinada, a Valedora do Pobo púxose en contacto con AGAELA para poñer en marcha as iniciativas de apoio que a asociación considere precisas.
Entre tanto a Valedora do Poboa iniciou unha actuación de oficio para coñecer as previsións de atención residencial especializada no ámbito sociosanitario para persoas afectadas pola ELA.
The comments are closed.