Asunto: en relación coa queixa con informe adxunto remitidos pola Valedora do Pobo sobre o baleiro legal no caso dos avogados condenados por violencia e a súa permanencia na quenda especial nesta materia de violencia de xénero, comunicamos o seguinte:

16 Xullo, 2021 actualidade, Novas, Novas

O Defensor del Pueblo comunica á Valedor do Pobo, Dolores Fernández Galiño, que inicia actuacións co Ministerio de Xustiza, órgano competente na materia; dándolle traslado do Informe realizado pola Valedor do Pobo e do escrito de queixa presentada por Fademur.
O Defenso do Pobo acolle integramente o Informe enviado pola Valedora debido a que remite integramente a información facilitada desde este Institución , comunicando o seguinte: “ …procedeuse a iniciar actuacións co Ministerio de Xustiza, órgano competente nesta materia, dándolle traslado da información que nos foi facilitada para que poida estudala e para que, en relación co problema que expón, poidan pronunciarse sobre a conveniencia de establecer normativamente a nivel estatal un sistema de limitación ao exercicio profesional na quenda de oficio especializado en violencia de xénero, regulando a necesidade de que os profesionais relacionados cunha intervención carezan destes antecedente penais.”

O informe remitido pola Valedora ao Defensor del Pueblo, en síntese, foi o seguinte:.

  • O punto de partida: as vítimas da violencia de xénero teñen o dereito á asistencia xurídica, que ha de ser prestada por profesionais, avogados, de acordo cunha serie de requisitos.

Artigo 20, Servizos de apoio xerais. Convenio de Istambul.

  1. As Partes tomarán as medidas lexislativas ou outras necesarias para que as vítimas teñan acceso a servizos que faciliten o seu restablecemento. Estas medidas deberían incluír, en caso necesario, servizos como o asesoramento xurídico e psicolóxico, a asistencia financeira, os servizos de aloxamento, a educación, a formación e a asistencia en materia de procura de emprego.

Artigo 27, Xestión dos servizos. Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia.

  1. As xuntas de goberno dos colexios de avogados e dos colexios de procuradores regularán e organizarán os servizos de asistencia letrada e defensa e representación gratuítas atendendo a criterios de eficacia, funcionalidade, axilidade, accesibilidade, calidade e transparencia. Esta organización garantirá, en todo caso, a continuidade e a adecuada atención do servizo.
  2. Os colexios velarán polo correcto desenvolvemento da súa función por parte dos profesionais designados e adoptarán cantas medidas sexan necesarias para garantir a efectividade e o pleno respecto dos dereitos dos cidadáns para ser asesorados, defendidos e representados gratuitamente por profesionais suficientemente cualificados e a recibir unha prestación profesional de calidade. Con esta finalidade desenvolverán, entre outras, as seguintes funcións:
  3. d) Supervisar e controlar o funcionamento das quendas de garda e das quendas e listas previstas no artigo 31º deste regulamento.

Criterios de eficacia, funcionalidade, axilidade, accesibilidade, calidade e transparencia, segundo vemos, son os que han de guiar os servizos de asistencia letrada.

Calidade e transparencia, principios estes que parecen pugnar co feito de que un avogado condenado como autor dun delito de violencia de xénero, mesmo incurso nun destes procedementos, poida prestar a súa asistencia xurídica na quenda especializada deste ámbito, como pugna coa razón mesma pois, así, difícil será concibir que o profesional actúe sen condicionamentos estraños, coa temperanza necesaria. E sen esquecer que a relación entre o avogado e o seu cliente ha de vir presidida pola necesaria confianza á que alude xa o artigo 4 do Código Deontolóxico, presuposto para o exercicio da profesión que se constitúe como outro principio esencial, e que, nestas condicións, o cliente, en principio vítima da violencia de xénero, dificilmente podería prestala.

Pero, é posible que se de  a situación que contemplamos? A realidade dinos que si e iso tamén resulta do estudo da normativa correspondente.

Os Colexios da Avogacía, carecen da capacidade normativa necesaria polo que,  o máis conveniente, é interesar das institucións correspondentes, que estableza a normativa oportuna que dea resposta ao que pode considerarse unha lagoa legal. No sentido do exercicio profesional cos menores, que se veda aos que teñen antecedentes por delitos relacionados. Lembremos que o artigo 13.5 da O 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, tras a súa redacción dada pola Lei 26/2015 do 28 de xullo, dispón “… Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ser condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para ese efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais”. E que o Real Decreto 1110/2015 do 11 de decembro veu regular ese Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

Seica o que resultaría necesario para resolver o problema do que tratamos sería establecer un sistema similar en relación coa violencia de xénero, regulando a necesidade de que os profesionais relacionados cunha intervención específica carezan destes antecedentes.

 

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal