As discriminacións interseccionais que afectan as mulleres, a debate nunha xornada organizada pola Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega

A discriminación non adoita producirse de maneira illada. Cando se cruzan factores como o xénero, a raza, a clase social, a orientación sexual ou a discapacidade, xorden formas únicas de desigualdade que multiplican as barreiras para o exercicio dos dereitos. Co obxectivo de visibilizar estas realidades e abrir un espazo de diálogo social, a Valedora […]

Fernández Galiño, no 25.º aniversario da Federación Aspace Galicia: “A inclusión non só require accesibilidade física, senón tamén accesibilidade mental”

A Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e Patoloxías Afíns celebrou o pasado venres, 18 de xullo, o seu 25.º aniversario cun acto na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A xornada serviu como homenaxe á traxectoria de compromiso social e de servizo ás persoas con parálise cerebral da […]

A valedora do pobo intervirá mañá no 25.º aniversario da Federación Aspace-Galicia

A valedora do pobo, María Dolores Fernández Galiño, participará mañá, 18 de xullo, no 25.º aniversario da Federación Aspace-Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral ou Patoloxías Afíns), que terá lugar na Cidade da Cultura. O acto ten o obxectivo de conmemorar os 25 anos de traballo da Federación e […]

A Valedora do Pobo visita a nova sede de EAPN Galicia. Rede Europea contra a Pobreza.

A Rede Europea contra a Pobreza é unha organización non lucrativa e de acción social que reúne ás organizacións autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena. O pasado martes Dolores Fernández Galiño, Valedora […]

A Valedora do Pobo inaugura o VI Congreso Galego de Compliance.

O pasado xoves, a Valedora do Pobo inaugurou na Coruña o VI Congreso Galego de Compliance, organizado pola Asociación Galega de Compliance (AGACOM) e a Sección de Compliance do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, onde se trataron temas relacionados coa integridade corporativa e a prevención de riscos legais

A Valedora do Pobo asiste á Gala dos Premios Solidarios Grupo Social ONCE.

O pasado xoves celebrouse no Teatro Colón na cidade da Coruña, a Gala dos Premios Solidarios do Grupo Social ONCE, á que acudiu Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, quen entregou un dos galardóns. Os premios outórganse, a xuízo do xurado, a aquelas persoas ou entidades que favorecen unha mellor e maior calidade de vida […]