A Valedora do Pobo visita a nova sede de EAPN Galicia. Rede Europea contra a Pobreza.

A Rede Europea contra a Pobreza é unha organización non lucrativa e de acción social que reúne ás organizacións autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.

O pasado martes Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, acompañada polo secretario Xeral da institución, Fernando de Andrés, visitou as novas instalacións que EAPN Galicia ten en Santiago de Compostela. Foron recibidos por Xosé Cuns, director en Galicia de EAPN, por Javier Hermida, vicepresidente,  e ademais director da Federación Alzheimer Galicia, e tamén pola responsable de programas e comunicación Clara de Vega. Todos eles mantiveron unha reunión dentro do contexto de colaboración que existe entre a institución da Valedora do Pobo e EAPN Galicia.

Tratáronse temas como a inmigración, vivenda, dependencia e discapacidade, o papel das entidades do terceiro sector na inclusión laboral das persoas vulnerables, os riscos da utilización da intelixencia artificial nestes ámbitos e a loita contra o discurso do odio e a aporofobia.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest