O pasado 14 de xullo, a valedora do pobo asistiu ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á súa alteza real a princesa de Asturias no Pazo de Raxoi, sé da Presidencia da Xunta de Galicia.
A herdeira da coroa recordou “a todos los gallegos que tuvieron que dejar su casa para buscar una vida mejor” e destacou que deixaron unha pegada “profunda y fértil” nos seus lugares de acollida. Tamén agradeceu a distinción, así como a acollida que lle prestou Galicia durante a súa formación na Escola Naval Militar de Marín.
Medallas de Galicia
As Medallas de Galicia outórganse anualmente a aquelas persoas que destacasen polos seus méritos e polos servizos prestados á comunidade autónoma, xa sexa dentro ou fóra do seu territorio. A medalla de ouro constitúe a súa máxima categoría e concédese por decreto do Consello da Xunta de Galicia.



