A Valedora do Pobo expresa o seu pesar polo falecemento de Marisol Nóvoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense

A Valedora do Pobo expresa o seu pesar polo falecemento de Marisol Nóvoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO). A institución trasládalles as súas condolencias á súa familia e amizades, á CEO e ao conxunto do empresariado ourensán.

Marisol Nóvoa, avogada de profesión, estaba á fronte da CEO desde 2019 e foi a primeira muller en ocupar o cargo nunha organización empresarial provincial en Galicia.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest