As discriminacións interseccionais que afectan as mulleres, a debate nunha xornada organizada pola Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega

A discriminación non adoita producirse de maneira illada. Cando se cruzan factores como o xénero, a raza, a clase social, a orientación sexual ou a discapacidade, xorden formas únicas de desigualdade que multiplican as barreiras para o exercicio dos dereitos.

Co obxectivo de visibilizar estas realidades e abrir un espazo de diálogo social, a Valedora do Pobo e o Consello da Cultura Galega organizan a xornada “Mulleres e vulnerabilidade social. Reflexións desde as discriminacións interseccionais”, que terá lugar o martes 7 de outubro de 2025 ás 10 horas no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n. 15705 Santiago de Compostela). Tamén poderá seguirse en directo aquí:

O programa completo pode consultarse aquí.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest