Reunión da Valedora do Pobo coa Plataforma da Infancia

O pasado mércores tivo lugar na sede da institución unha reunión con Mónica Viqueira e Ines Salteiro, representantes da Plataforma da Infancia, na que se tratou de articular vías de colaboración para fomentar a participación da infancia e da adolescencia nas cuestións relacionadas co seu eido de intereses. Deste xeito, está prevista unha nova reunión […]

Representantes de ASPACE (atención á parálise cerebral) Galicia reúnense coa Valedora do Pobo.

Unha representación da Federación ASPACE GALICIA, así como persoas con parálise cerebral acudiron á sede da institución para reunirse coa valedora do pobo e trasladarlle as súas reclamacións e demandas sobre aqueles aspectos que afectan ao seu día a día. Tras unha presentación por parte da presidenta, Concepción Somoza, expuxeronse as seguintes demandas: –              Nacho […]

A Valedora do Pobo recibe a Red Acoge.

No día de onte Dolores Fernández Galiño recibiu a Eduardo Búa, representante da Red Acoge en Galicia, federación de entidades sociais especializadas no acompañamento a persoas migrantes e refuxiadas. Na reunión tratouse sobre os servizos que levan a cabo dende estas entidades coas persoas cuxas queixas se reciben na institución, principalmente tarefas de informe, asesoramento […]

Reunión da valedora do pobo co conselleiro de sanidade.

No día de onte mantiveron na sede da institución unha reunión a valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño e o conselleiro de sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Na reunión, na que se trataron as principais preocupacións dos cidadáns relacionados coa sanidade, destacaron asuntos como as listas de espera e as agresións aos profesionais sanitarios. Esta reunión […]

Acto de entrega dos premios Valedora do Pobo.

Onte tivo lugar no paraninfo da Universidade da Coruña a cerimonia de entrega da quinta edición dos Premios Valedora do Pobo, promovidos por esta institución e coa colaboración das tres universidades galegas. O acto contou coa intervención da maxistrada afgna Rahima Sabiri, que reside como refuxiada en Galicia, quen trasladou a difícil situación que viven […]