Reunión da valedora do pobo co conselleiro de sanidade.

No día de onte mantiveron na sede da institución unha reunión a valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño e o conselleiro de sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Na reunión, na que se trataron as principais preocupacións dos cidadáns relacionados coa sanidade, destacaron asuntos como as listas de espera e as agresións aos profesionais sanitarios.

Esta reunión realízase dentro do marco de colaboración entre a institución da Valedora do Pobo e a administración sanitaria, nun diálogo en beneficio da atención ás necesidades da poboación.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest