Onte tivo lugar no paraninfo da Universidade da Coruña a cerimonia de entrega da quinta edición dos Premios Valedora do Pobo, promovidos por esta institución e coa colaboración das tres universidades galegas.
O acto contou coa intervención da maxistrada afgna Rahima Sabiri, que reside como refuxiada en Galicia, quen trasladou a difícil situación que viven as mulleres no seu país que non poden facer nada, especialmente no sistema xudicial e político, manifestando que durante os seus anos de exercicio tentou loitar pola xustiza, os dereitos das mulleres e da xente máis desfavorecida do seu país.
Os traballos galardoados este ano foron catro, moi diversos na súa temática e pertencentes as gañadoras dúas á universidade da Coruña e as outras unha á universidade de Vigo e a outra á de Santiago.
-Xoana Abraira de Bernardo, por “O oficio de lavar: unha cartografía sensible”, foi gañadora ex aequo do premio ao traballo fin de grao, e presenta un achegamento ao oficio de lavandeira a través dos relatos sociais presentes na nosa terra, e poñendo o foco a través das artes plásticas na “necesidade de coñecer aquela parte da historia que debido ao xénero dos seus protagonistas foi progresivamente quedando no esquecemento”
– Rosalía Sánchez, polo seu traballo “Os delitos contra a liberdade sexual: precedentes, regulación actual e o piar fundamental do consentimento “ comparte ex aequo o premio ao mellor TFG. O traballo ten por obxectivo explicar desde a perspectiva do Dereito Penal a evolución histórica do ben xurídico e a regulación dos delitos contra a liberdade sexual, tendo en conta , así mesmo, a percepción social do tema, e abordándoo desde unha perspectiva de xénero.
-Sarah Lamas é gañadora ex aequo polo seu TFM titulado “Á caza das tránsfugas: violencia contra as mulleres lesbianas e bisexuais no espazo público” que analiza a violencia que sofren estas mulleres no espazo público, unha realidade cotiá pero pouco atendida, expón, tanto polas políticas públicas como polo activismo. O motivo da súa investigación é, precisamente, abordar esta distancia desde o diálogo coa teoría feminista e os estudos lésbicos/queer.
– Iria Fernández Sánchez, comparte premio fin de master polo seu traballo titulado” Referentes femininos na historia da música”. No mesmo preséntase unha Unidade Didáctica destinada á visibilización das mulleres compositoras que existiron ao longo da Historia da Música. Manifesta que resulta necesario que se proporcione unha educación nas aulas que teña en conta esta marxinación das creadoras e as composicións femininas en concreto e por extensión tamén da figura feminina no ámbito musical, tanto como intérpretes como directoras. A invisibilidade das mulleres na historia da música non se debe a unha falta de talento, senón a unha exclusión sistemática baseada en roles de xénero.
No acto tamén participaron o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; a conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta, Fabiola García Martínez; a coordinadora da Oficina de Igualdade da Universidade de Santiago de Compostela, Sonia Esperanza Rodríguez Boente; e a directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Yolanda Rodríguez Castro.
“A la caza de las tránsfugas: violencia contra las mujeres lesbianas y bisexuales en el espacio público”. Autora: Sarah Lamas, da Universidade da Coruña.
“Referentes femeninos en la Historia de la Música: propuesta didáctica para visualizar las principales mujeres compositoras de la Historia de la Música en las aulas de 3º de ESO”. Autora: Iria María Fernández Sánchez, da Universidade da Coruña.
“Os delitos contra a liberdade sexual: prevención, regulación e o piar fundamental do consentimento” Autora Rosalía Suárez Sánchez, Universidade de Santiago de Compostela.
“O oficio de lavar: unha cartografía sensible” Autora: Xoana Abraira de Bernardo, Universidade de Vigo.