A Valedora do Pobo recibe a Red Acoge.

No día de onte Dolores Fernández Galiño recibiu a Eduardo Búa, representante da Red Acoge en Galicia, federación de entidades sociais especializadas no acompañamento a persoas migrantes e refuxiadas.

Na reunión tratouse sobre os servizos que levan a cabo dende estas entidades coas persoas cuxas queixas se reciben na institución, principalmente tarefas de informe, asesoramento e acompañamento.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest