Reunión da Valedora do Pobo coa Plataforma da Infancia

O pasado mércores tivo lugar na sede da institución unha reunión con Mónica Viqueira e Ines Salteiro, representantes da Plataforma da Infancia, na que se tratou de articular vías de colaboración para fomentar a participación da infancia e da adolescencia nas cuestións relacionadas co seu eido de intereses. Deste xeito, está prevista unha nova reunión con membros do Consello Asesor da Infancia e da Adolescencia de Galicia. Asi mesmo, trasladáronnos que estaban elaborando un informe sobre a saúde mental infantoxuvenil, e acordouse manter outra reunión coa asociación encargada do tema.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest