A Adxunta Primeira ao Defensor del Pueblo visita a institución da Valedora do Pobo.

Con motivo do acto de presentación do informe da Fundación Érguete-Integración “Consecuencias da supresión do subsidio de excarceración e impacto social en Galicia” na institución, a Valedora do Pobo Dolores Fernández Galiño acolleu a visita da Adxunta Primeira ao Defensor del Pueblo, Teresa Jiménez-Becerril Barrio e do Director da Área de Seguridade e Xustiza Andrés […]

A Valedora do Pobo, escenario da presentación do informe “Consecuencias da supresión do subsidio de excarceración e impacto social en Galicia” da Fundación Erguete-Integración.

A Valedora do Pobo acolleu onte a presentación do informe “Consecuencias da supresión do subsidio de excarceración e impacto social en Galicia”. Durante a apertura do acto, agradeceu a asistencia do público e dos medios de comunicación e contextualizou a traxectoria da Fundación Érguete e o seu papel na transformación da mirada social cara ás […]

A valedora do pobo reúnese con representantes de Unión Profesional de Galicia.

No día de onte Dolores Fernández Galiño recibiu ao equipo directivo da asociación Unión Profesional de Galicia, organización que tenta dar resposta a aqueles problemas e inquietudes que son comúns a todos os colexios profesionais, pero ao mesmo tempo pretende converterse nun vehículo que poña en relación a cada Colexio profesional ou profesión coa administración. […]

Reunión entre a valedora do pobo e o presidente da FEGAMP.

A valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño, recibiu onte na sede da institución ao presidente da Federación Galega de Municipos e Provincias (FEGAMP) Alberto Varela, quen acudiu acompañado de Patricia Vilán secretaria xeral. A reunión tivo por obxecto retomar a colaboración entre a institución e a devandita entidade.

Acto de presentación do IX informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social.

Onte, a Valedora do Pobo acolleu a presentación do IX informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia, nun acto que reuniu representantes institucionais e entidades sociais. A valedora do pobo abriu a xornada  agradecendo a asistencia e contextualizando a función de Cáritas como entidade clave no acompañamento das persoas en situación de vulnerabilidade. […]

A valedora do pobo dá unha charla a alumnos na Pontenova

No día de onte, a valedora do pobo Dolores Fernandez Galiño e a asesora da institución Mar Barcón deron unha charla no Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais da Pontevova enmarcada no programa Edu Referentes da Asociación Executivas de Galicia, que pretende mostrar referentes femininos que sirvan como exemplos para as xeracións novas na súa […]

A valedora do pobo acude ao 25 aniversario de “Dano Cerebral” de Santiago de Compostela.

A valedora do pobo asistiu onte á celebración do 25 aniversario da entidade Dano Cerebral de Santiago de Compostela, anteriormente coñecida como Sarela. A Asociación traballa día a día para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias, ofrecendo apoio, rehabilitación, orientación e un firme compromiso social, baixo […]

Participación da valedora do pobo no Seminario Anual de EAPN.

Dolores Fernández Galiño interveu a semana pasada no Seminario anual de EAPN -E (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social) “Garantía de dereitos e novos modelos de servizos sociais”, celebrado na Coruña. A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social pide un modelo de servizos sociais centrado […]

Asistencia da valedora do pobo ao acto institucional da Delegación do Goberno “XLVII aniversario da Constitución Española e os 50 anos de España en Liberdade”.

Dolores Fernández Galiño asistiu o pasado luns ao acto institucional organizado pola Delegación do Gobierno en Galicia e celebrado na Coruña con motivo do “XLVII aniversario da Constitución Española e os 50 anos de España en Liberdade”. No acto de conmemoración varios participantes compartiron as súas experiencias e percepción da sociedade española e galega nese […]