Onte tivo lugar nas instalacións da biblioteca da institución un acto organizado pola Fundación Esplai no que presentaron o Proxecto “Clic contra a soidade non desexada”, co que se pretende avaliar o impacto das TIC na prevención da soidade non desexada das persoas maiores. Para iso, realízase un proceso participativo onde as persoas maiores son o centro: téñense en conta as súas demandas, actúan na toma de decisións e tamén no deseño das accións. Tamén se deixou instalada a exposición “A un clic de distancia”.
Tras a presentación do acto pola valedora do pobo Dolores Fernández Galiño, Paula Tajuelo, Coordinadora territorial de Fundación Esplai en Galicia, e Antía Rivera Nieto, técnica de Fundación Esplai, explicaron respectivamente, o proxecto e a exposición.
No acto contamos coa participación de persoas maiores que compartiron connosco as súas inquietudes, problemas e reflexións relacionadas co uso que eles fan das tecnoloxías.
Acto na Institución: clic contra a soidade non desexada. Persoas maiores. Fundación Esplai.


