A valedora do pobo acude ao 25 aniversario de “Dano Cerebral” de Santiago de Compostela.

A valedora do pobo asistiu onte á celebración do 25 aniversario da entidade Dano Cerebral de Santiago de Compostela, anteriormente coñecida como Sarela.

A Asociación traballa día a día para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias, ofrecendo apoio, rehabilitación, orientación e un firme compromiso social, baixo o lema “Unha vida salvada merece ser vivida con dignidade”.

Durante o acto conmemorativo, a Asociación agradeceu a todas as entidades presentes o apoio recibido ao longo destes 25 anos de traxectoria.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest