Participación da valedora do pobo no Seminario Anual de EAPN.

Dolores Fernández Galiño interveu a semana pasada no Seminario anual de EAPN -E (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social) “Garantía de dereitos e novos modelos de servizos sociais”, celebrado na Coruña.

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social pide un modelo de servizos sociais centrado na prevención e que conte coas persoas con experiencia en pobreza.

O seminario tiña o obxectivo de abordar os retos de mellora do sistema de servizos sociais e a súa diversidade territorial, contando co papel do Terceiro Sector e  reuniu a máis dun centenar de representantes das entidades sociais e redes territoriais de EAPN-E.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest