A Valedora do Pobo asiste ao Acto Homenaxe do 45 Aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, asistiu onte ao acto organizado polo Parlamento de Galicia con ocasión do 45 aniversario do Estatuto de Autonomía. A xornada celebrouse baixo o título “O Estatuto de Autonomía para Galicia 45 anos despois: Historia, Política, Dereito, Economía” cunha mesa redonda á que dió inicio o presidente da Cámara, Miguel […]
A Valedora do Pobo asiste á toma de posesión da primeira reitora de Galicia.

O pasado día 10 Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, asistía á toma de posesión de Rosa Crujeiras Casais como reitora da Universidade de Santiago de Compostela. A catedrática de Estatística e Investigación operativa é a primeira reitora da historia de Galicia. O acontecemento reuniu no salón Nobre do Colexio Fonseca a autoridades e representantes […]
A Valedora asiste ao acto institucional da Xunta polo día Internacional da Muller.
O pasado sábado Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, asistiu na cidade da Coruña ao acto organizado pola Xunta de Galicia para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8 M, e que estivo dedicado ás mulleres do presente e referentes en sectores masculinizados.
Charla da Valedora do Pobo nun instituto en Vigo.

Onte a Valedora do Pobo acudiu ao IES de Teis en Vigo ao que foi convidada para dar unha charla con motivo da celebración do Día da Muller, 8 de marzo. O acto contou cun enriquecedor e participativo debate coa comunidade educativa do instituto.
A Valedora do Pobo participa nun diálogo no acto institucional polo Día da Muller celebrado na Delegación do Gobierno na Coruña.

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, participou hoxe xunto a outras mulleres relevantes do mundo da xustiza, a política e a comunicación nun diálogo organizado pola Delegación do Gobierno en Galicia con motivo da celebración do Día da Muller. Todas elas reivindicaron a igualdade como un dereito e coincidiron en sinalar que os poderes públicos […]
Entrevista a Pilar Farjas, directora de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

Por mor da presentación que fixo Cáritas na nosa institución o pasado mes de Xaneiro do IX informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social, tivemos a oportunidade e o pracer de poder entrevistar a Pilar Farjas, a actual directora de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela . https://www.valedordopobo.gal/wp-content/uploads/2026/03/Entrevista_Pilar_Farjas.mp4
Boletín febreiro 2026

ACCESO AO BOLETÍN FEBREIRO 2026
A Valedora do Pobo asiste ao acto polo cuarto aniversario do naufraxio do “Villa de Pitanxo”

O pasado 15 de febreiro cumpríronse catro anos do naufraxio do pesqueiro “Villa de Pitanxo”. A Valedora do Pobo acudiu á homenaxe ás 21 vítimas celebrada o sábado en Marín, un acto moi sentido, emotivo e necesario.
A Valedora do Pobo na apertura do VI Congreso da Muller Rural Galicia 2026.

O Concello de San Xoán de Río (Ourense) acolleu esta fin de semana o VI Congreso da Muller Rural Galicia 2026. A apertura tivo lugar o pasado venres 20, e a conferencia inaugural correu a cargo de Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, quen falou sobre a situación da muller rural en relación co acceso […]
María Dolores Fernández Galiño toma posesión de novo como valedora do pobo.

Onte, 19 de febreiro, tivo lugar o acto de toma de posesión da valedora do pobo, María Dolores Fernández Galiño, quen renova o seu cargo. No seu discurso sinalou que esta nova etapa continuará tendo o feminismo como sinal de identidade da institución, así como o compromiso coa loita contra a violencia de xénero; contra […]