A Valedora do Pobo na apertura do VI Congreso da Muller Rural Galicia 2026.

O Concello de San Xoán de Río (Ourense) acolleu esta fin de semana o VI  Congreso da Muller Rural Galicia 2026.

A apertura tivo lugar o pasado venres 20, e a conferencia inaugural correu a cargo de Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, quen falou sobre a situación da muller rural en relación co acceso á titularidade das explotacións agrarias, o emprego , a seguridade social, a participación pública e as novas tecnoloxías,  así como sobre a violencia de xénero e a discriminación intersectorial.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest