María Dolores Fernández Galiño toma posesión de novo como valedora do pobo.

Onte, 19 de febreiro, tivo lugar o acto de toma de posesión da valedora do pobo, María Dolores Fernández Galiño, quen renova o seu cargo.

No seu discurso sinalou que esta nova etapa continuará tendo o feminismo como sinal de identidade da institución, así como o compromiso coa loita contra a violencia de xénero; contra o acoso moral, laboral e escolar; contra as formas contemporáneas de escravitude, e contra tódalas formas de discriminación. Do mesmo xeito, destacou a importancia de atender ás persoas máis vulnerables ou en risco de exclusión social, promover os dereitos dixitais, reforzar institucións fortes e sólidas, e defender o dereito ao medio ambiente e á sustentabilidade.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest