A Adxunta Primeira ao Defensor del Pueblo visita a institución da Valedora do Pobo.

Con motivo do acto de presentación do informe da Fundación Érguete-Integración “Consecuencias da supresión do subsidio de excarceración e impacto social en Galicia” na institución, a Valedora do Pobo Dolores Fernández Galiño acolleu a visita da Adxunta Primeira ao Defensor del Pueblo, Teresa Jiménez-Becerril Barrio e do Director da Área de Seguridade e Xustiza Andrés Jiménez Rodríguez. Posteriormente a Valedora do Pobo e a Adxunta Primeira ao Defensor del Pueblo foron recibidas polo presidente do Parlamento de Galicia Miguel Angel Santalices Vieira.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest