A Valedora do Pobo asiste á toma de posesión da primeira reitora de Galicia.

O pasado día 10 Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, asistía á toma de posesión de Rosa Crujeiras Casais como reitora da Universidade de Santiago de Compostela. A catedrática de Estatística e Investigación operativa é a primeira reitora da historia de Galicia. O acontecemento reuniu no salón Nobre do Colexio Fonseca a autoridades e representantes de todos os sectores da sociedade galega.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest