A Valedora do Pobo participa nun diálogo no acto institucional polo Día da Muller celebrado na Delegación do Gobierno na Coruña.

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, participou hoxe xunto a outras mulleres relevantes do mundo da xustiza, a política e a comunicación nun diálogo organizado pola Delegación do Gobierno en Galicia con motivo da celebración do Día da Muller. Todas elas reivindicaron a igualdade como un dereito e coincidiron en sinalar que os poderes públicos deben de actuar con determinación para erradicar os discursos de odio e as novas formas de violencia na contorna dixital e mediática.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest