2022 confirma o incremento no labor da institución da Valedora do Pobo
A piques de concluír o exercicio de 2022, a actividade de supervisión das administracións públicas galegas que o Parlamento de Galicia encomenda á Valedora do Pobo rexistrou unhas elevadas cifras en relación cos anos anteriores. Con carácter xeral, incrementáronse notablemente as actuacións de atención a cidadanía, tanto presencial como telefónica e mantense a tendencia dos […]
Publícase en falamos de Feminismo o artigo “A esixencia de certificación rexistral ou documento público da parella de feito para o acceso á pensión de viuvez supón unha discriminación indirecta por razón de sexo”
Jaime Cabeza Pereiro Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Universidade de Vigo, escribe sobre “A esixencia de certificación rexistral ou documento público da parella de feito para o acceso á pensión de viuvez supón unha discriminación indirecta por razón de sexo” Un dos motivos máis frecuentes da denegación da pensión de viuvez […]
A Valedora participa no programa de radio “Recendo”.
No día de onte a Valedora do Pobo foi entrevistada no programa de radio “Recendo”, da agrupación cultural Alexandre Bóveda, entrevista na que se trataron aspectos relacionados coa institución. Tocáronse temas como as súas funcións, as queixas que se presentan ou as relacións con outros defensores, trasladando unha información útil da realidade da actividade da […]
A próxima Lei do Deporte e a loita contra a discriminación da muller.
Hoxe publicamos en falamos de feminismo un interesante artigo escrito por Rosa Rodríguez Martín-Retortillo, Profesora Axudante Doutora da Universidade de Vigo, titulado “A próxima Lei do Deporte e a loita contra a discriminación da muller”. En dito artigo analiza as novidades da nova lei en relación con esta materia.
Declaración institucional da Valedora do Pobo en apoio de Ponte… nas ondas!
O estudantado galego-portugués da raia miñota é un vivo exemplo de convivencia e constancia para manter e facer medrar o legado inmaterial da cultura común. Velaí o seu alento para seguiren a traballar na cultura da paz, da defensa do patrimonio inmaterial que supoñen a lingua, os costumes, as tradicións… e para favoreceren a súa […]
Visita da Valedora do Pobo a SARELA (Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela)

A Valedora do Pobo Mª Dolores Fernández Galiño e Fernando de Andrés Alonso, Secretario Xeral da institución, visitaron a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela, SARELA, para coñecer o seu traballo, e realizaron un percorrido polas instalacións acompañados por José Balboa (presidente de Sarela), Concha Otero (vicepresidenta) e Rocío García (directora e psicóloga/neuropsicóloga). […]
Con motivo do Día da Infancia tivo lugar na sede da Institución unha xornada sobre “Saúde Mental Infanto-Xuvenil”.

A Xornada realizouse coa Plataforma de Organización de Infancia de Galicia, e interviron a Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño; Xesús Vilas, Presidente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia e José Mazaira Castro, médico psiquiatra, Coordinador responsable da Unidade de Hospitalización de Saúde Mental da Infancia e Adolescencia do C.H.U.S., que impartiu […]
25 de novembro, Día Internacional para eliminar a violencia contra a muller.
Ademais da violencia no seo das relacións familiares ou de parella, o concepto de violencia de xénero (Istambul 2011) abunda no sentido de que a violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos e unha forma de discriminación contra as mulleres que implica a todos os actos de violencia baseados no xénero. Isto […]
Fuco Reyes entrega á Valedora do Pobo unha fotografía representativa de “Resalire”,

O fotógrafo Fuco Reyes , colaborador da campaña de IGAXES co nome de “Resalire” resalire.nonnonxulgues.gal, , busca representar con imaxes a actividade da ONG, que loita contra os estigmas que existen cara á mocidade tutelada, entregou hoxe á Valedora do Pobo do Pobo unha das fotografías da campaña.
Permítese ás persoas incapacitadas Xudicialmente o acceso a unha vivenda.

Tal e como constatou a oficina da Valedora do Pobo durante a tramitación dunha queixa, o actual regulamento deixaba desamparadas ás persoas discapacitadas e incapacitadas xudicialmente ao esixir aos solicitantes de vivenda pública “plena capacidade de obrar”. A Valedora segue conseguindo obxectivos. Quedou aceptada a normativa que permite ás persoas incapacitadas xudicialmente o acceso a […]