Lembranza ás vítimas do “Vila de Pitanxo”

Onte tivo lugar en Marín unha emotiva cerimonia de recordo ás 21 vítimas do “Vila de Pitanxo” coa colocación dunha placa na entrada do porto e a celebración dun funeral. As familias das vinte e un vítimas estiveron acompañadas por amigos e autoridades civís, militares  e eclesiásticas nesta sentida lembranza.

A Valedora do Pobo asistiu onte á gala de entrega dos premios “Serenidade” .

Radio Galicia Cadena SER celebrou a súa Gala de Entrega dos PREMIOS SERENIDADE, que recoñecen a persoas, empresas e entidades que teñen destacado durante o ano 2022 ou ao longo da súa traxectoria, pola súa contribución ó desenvolvemento, promoción e engrandecemento de Galicia. Un dos galardóns foi para o traballo da Rede Galega contra a […]

O 14 de febreiro fallouse o resultado da terceira edición dos premios instituidos pola Valedora do Pobo e as tres universidades galegas para recoñecer os mellores traballos de fin de grao e de fin de master en materia de igualdade do curso anterior

Nesta edición presentáronse 32 traballos de Fin de Grao e 11 de Fin de Master.   O xurado dictaminou outorgar o premio para TFM ao titulado “Conquistando o baleiro:as voces de profesoras e alumnas en ciclos formativos masculinizados”, de Ana Souto Mínguez, da Universidade da Coruña.   Nos TFG, ex aequo, os premios foron para […]

Nota sobre actuacións da Valedora do Pobo en relación á atención nas administracións das persoas vulnerables e ao requisito de cita previa.

A Valedora do Pobo realizou 12 actuacións de oficio relativas a atención nas administracións das persoas vulnerables e ao requisito de cita previa -Plantexamento Iniciáronse actuacións de oficio, en aplicación do disposto no artigo 16 da Lei 6/1984, de 5 de xuño, da Valedora do Pobo, debido as dificultades de persoas vulnerables, especialmente as persoas […]

A Valedora do Pobo e o Secretario Xeral da institución asisten en Madrid a unha reunión do Defensor del Pueblo cos Defensores autonómicos.

A Valedora do Pobo, acompañada polo Secretario Xeral, viaxou o pasado venres a Madrid para asisitir á reunión organizada polo Defensor del Pueblo, Angel Gabilondo, cos defensores autonómicos para impulsar a colaboración entre institucións co obxectivo de proseguir traballando coordinadamente, cada un segundo as súas competencias, mediante a supervisión da Administración en todos os seus […]