Encontro con representantes da Delegación Galega da Asociación de Mujeres en el Sector Público.

Onte a Valedora do Pobo acompañada pola asesora de igualdade, mantivo unha reunión virtual coa presidenta da DT de Galicia da  Asociación de Mujeres en el Sector  Público (MSP) Concepción Campos Acuña, a coordinadora  en Galicia Patricia Iglesias Rey e Ana Ramos Ramos, tamén integrante da asociación, na que se acordou a organización no último trimestre do ano dunha xornada sobre intelixencia artificial e xénero.

Así mesmo participáronnos a celebración da primeira convocatoria dos premios de Mujeres no Sector público. As bases e máis información están dispoñibles na web https://mujeresenelsectorpublico.com/premios/.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest