25 de novembro, Día Internacional para eliminar a violencia contra a muller.

Ademais da violencia no seo das relacións familiares ou de parella, o concepto de violencia de xénero (Istambul 2011) abunda no sentido de que a violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos e unha forma de discriminación contra as mulleres que implica a todos os actos de violencia baseados no xénero.  Isto inclúe aqueles que implican ou poden implicar para as mulleres danos ou sufrimentos de natureza física, sexual, psicolóxica ou económica, incluídas as ameazas de realizar os devanditos actos, a coacción ou a privación arbitraria da ibertade na vida pública ou privada. Igualmente, determina que a natureza estrutural da violencia cara ás mulleres está baseada no xénero e existe cunhas características propias que deben ser recoñecidas para poder combatelas de maneira efectiva.

A violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos, resultado dunha discriminación estrutural e arraigada que os poderes públicos, as institucións e a sociedade temos a obriga de previr e abordar. A Valedora do Pobo mantén nas súas actuacións, tramitación de queixas, resolucións e actividades de promoción e defensa dos dereitos humanos, o compromiso asumido desde a súa toma de posesión de conseguir a efectividade do dereito fundamental á igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e a erradicación da violencia de xénero.

A vviolencia de xero constitúe a manifestación máis brutal da desigualdade entre mulleres e homes. Está causada polos estereotipos sociais e culturais asociados ao sexo, e transmíteos e perpetúa da maneira máis reprobable. Xénero e violencia son dous conceptos de estreita conxugación e que se alimentan reciprocamente: a violencia crea máis dominación e a dominación xustifica a violencia. A finalidade ten que ser configurar un dereito fundamental a que as persoas vivan sen violencia de xénero.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest