Comunicado 23 de Setembro sobre a Trata de Mulleres

Aínda que se trata dunha práctica incompatible cos valores democráticos dunha sociedade avanzada como son a galega e a española, o tratamento legal e a súa aplicación sofre carencias. Non están tipificados os delitos de escravitude ou servidume, a protección das vítimas está condicionada á denuncia e ao resultado do proceso penal, e deberíase mellorar o marco de actuación na loita contra estas secuelas.

Hai máis de 100 anos, o 23 de setembro de 1913, promulgouse en Arxentina a Lei Palacios, pioneira na loita contra a prostitución infantil. Con ocasión desa data, día internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres, nenas e nenos, a Valedora do Pobo fai un chamamento á sociedade enteira para que manifeste o seu rexeitamento a esas prácticas e ás institucións competentes para que actúen para erradicalas.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest