Con motivo do Día Universal dos Dereitos da Infancia, celebrouse o pasado mércores un acto na institución organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. (POIG).
Tras a inauguración do acto por Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, interviñeron Mónica Viqueira, Presidenta da POIG, Bibiana Araújo, Coordinadora da Asociación Amino, e dous representantes do Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente (CAIA), que achegaron propostas para recoñecer situacións de violencia e saber onde acudir, como a introdución de cursos obrigatorios para a infancia e adolescencia e as súas familias, a unificación de protocolos de actuación fronte á violencia, e a presentación ao comezo de curso da figura do coordinador de benestar nos centros educativos.