Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, asistiu a un acto organizado pola Subdelegación do Goberno na Coruña, con motivo de cumprirse o 20 aniversario da publicación da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
O acto consistiu nun faladoiro de mulleres de diversos ámbitos: a xudicatura, a política, o mundo rural, o mundo das traballadoras do mar, sindicatos, xornalistas, institucións penitenciarias e representantes dos Centros de Información á Muller, que acompañaron á Subdelegada do Goberno, María Rivas, e á Valedora do Pobo. Compartíronse reflexións sobre o pasado, presente e futuro da lei de protección integral e cuestións relativas á discriminación estrutural das mulleres.